Carte Maruxa Ana Mafalda Milh?es Aires

Maruxa

Limbă: gaelică
Legare: Copertă tare
Editura: OQO
Disponibilitate: În depozitul extern
Expediem în 4-7 zile
85.07 lei
Maruxa e Pepiño vivían na aldea.Maruxa cosía, varría e labraba.Benito cantaba, folgaba e durmía.Mais...

Informații despre carte

Limbă
gaelică
Legare
Carte - Copertă tare
Publicat
2014
Pagini
28
EAN
9788498714906
Enbook ID
20057603
Editura
OQO
Greutate
400
Dimensiuni
250 x 230

Descriere completă

Maruxa e Pepiño vivían na aldea.Maruxa cosía, varría e labraba.Benito cantaba, folgaba e durmía.Mais un día...Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha granhabilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome conscienciade que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie deactitude.Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotujpierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país.Fixéronse diversas versións, desde orquestras sinfónicas, a solistas,grupos de jazz, rock... Este texto, en versos de seis sílabas, buscamanter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a cancióntradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa queo relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seuhome, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan.Na versión tradicional, Benito reclama uns pierogi, un dos pratostípicos de Polonia (unha especie de raviolis recheos de carne,verduras...) e a súa muller négase repetidamente, argumentando que lle faltan, un por un, todos os ingredientes: fariña, auga, sal ecarne... Con todo, nesta versión optouse por cambiar os pierogi porpan, un alimento común a todas as culturas e que permite universalizar a historia.As diferenzas coa canción non só se limitan ao alimento principal,senón tamén ao final da historia. Así, a reacción violenta quemanifesta Pepiño nalgunha versión polaca cando a súa muller decide non prepararlle finalmente a comida é substituída no álbum por unhaactitude comprensiva e de empatía cara á muller, mantendo así o tonhumorístico que caracteriza todo o relato.Da versión inicial, a autora decidiu manter e realzar: a ideaorixinal, o sentido do humor e a estrutura acumulativa, versificada erimada, tan propia de contos e cantos da tradición oral. Este textopermite tamén ser cantado a ritmo de tres por catro mantendo a músicade orixe.De igual modo, o álbum ilustrado ofrece a mesma anécdota argumentalque a canción: a protagonista di que non poder facer o pan porque llefaltan todos os ingredientes (farina, auga, levadura e sal). Entón,decide pedirlle ao seu home que os vaia buscar, só que, a modo deescarmento aleccionador, vaillos pedindo un a un, co esforzo engadidoque isto lle supón a Pepiño.El vai facendo, un a un todos os recados cada vez máis desmesuradoscomo o de ir buscar sal ao mar, pero sempre se atopa con que volvefaltar algo e ten que emprender unha nova e esforzada aventura paraconseguilo.Cando por fin Maruxa ten todos os elementos, di, ironicamente, queestá moi cansa e será a el a quen lle toque, tamén, amasar o pan.Deste xeito, a través do enxeño e do sentido do humor, consegue quePepiño entenda, por experiencia propia, o inxusto da situación queviviran ata ese momento, e comprende que, tanto o traballo como olecer, deben ser cousa de dous. Este é o verdadeiro transfondo dahistoria: o cambio de actitude de Pepiño respecto de Maruxa, que seevidencia e reforza a través do traballo da ilustradora portuguesaMafalda Milhoes.A artista portuguesa revela esta evolución do personaxe nas gardas,cuberta, portadiña e páxina de créditos. Nelas, o lector atopa unhacontextualización previa e posterior á acción do texto, que realmentese produce nun só día, tal e como indican as comidas (almorzo, xantar, merenda e cea) e a luz das imaxes (que van desde a claridade propiado amencer, ata o azul escuro case negro do ceo cara o fin do día).Deste xeito, nas gardas do inicio do álbum, pódese ver a unha Maruxatotalmente entregada ás tarefas do fogar, mentres que Pepiño, ocioso,non colabora en absoluto. Un comportamento que se transformaradicalmente nas gardas do final onde participa nos labores de casa eaxuda a súa muller. Na contracuberta, os dous comen felizmente o pan,que aparece por primeira vez xa cociñado.As ilustracións de Mafalda Milhoes tamén aportan información crave dos protagonistas. Ao caracterizalos con trazos hiperbólicos, descubrimos con claridade cando están anoxados, tristes, tramando... De igualmodo, non faltan nas páxinas deste álbum os detalles, tancaracterísticos na artista lusa, que transportan o lector ao universoda cociña e a tamén a Polonia (muíños, paisaxes e barrios típicos dopaís polaco). Así como a presenza constante do canciño que os acompaña todo o conto e que acaba sendo, dalgún modo, cómplice dasituación.Ademais, a ilustradora, buscando a complicidade do lector, decidexogar coa descontextualización, tanto nos moitos obxectos eelectrodomésticos que podemos descubrir na casa do matrimonio(reconstrución dun fogar tradicional, pero no que hai lavadora,ordenador...) como na propia protagonista. Así, Maruxa, aínda quecociña e limpa, non deixa de ser unha muller actual e moderna, que usa as novas tecnoloxías e loita polo recoñecemento dos seus dereitos.En todo momento, tanto o texto como am

S-ar putea să te intereseze

406.24 lei

New Conqueror

Hugh Shelbourne
85.28 lei
80.33 lei

Historias de Macaena

Ángel García López
66.60 lei
717.10 lei

Hattie

Jamie Williams
113.03 lei
79.02 lei
45.61 lei

Clienții care au cumpărat această carte au mai cumpărat și

73.37 lei
274.52 lei
35.92 lei

Well-Behaved Woman

Therese Anne Fowler
85.28 lei

A přece se točí

Petr Samojský
36.33 lei
116.26 lei
106.57 lei

LUNA DE REGRESO LA

LEOPOLDO LUGONES
78.82 lei

Мои первые прописи

Елена Бортникова
27.54 lei
55.90 lei

Cleat Cute

WILSNER MERYL
81.34 lei
109.70 lei
81.34 lei
30.47 lei
73.17 lei

Florida Seafood Cookery

Federal Writers' Project
108.19 lei