«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mari?o queabrangue todos os océanos. Quizá un mari?eiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na monta?a, mais todos saben de Capetón,Cape Town, na fin de Africa. Un mari?eiro do Muro non saberá, quizá,de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que écomo lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas eterrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar amollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tanhumanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas te?en nomeen galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48? N, o Mardas Gali?as, a Cona da Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.